Sabine é unha rapaza galega dos países baixos que bota de menos galicia, sobre todo as súas avoas. todo comeza o día do seu décimo aniversario cando recibe un agasallo misterioso que lle abre as portas dunha grande aventura. axudada polos seus amigos wilko, jeroen e anja, sabine loitará non só pola súa identidade, senón tamén pola vida, cun conxunto de fortalezas que non sabía que tiña dentro. fran fernández davila retorna cunha novela de aventuras e fantasía ambientada na cidade de æs hertogenbosch, que nace da maxia das experiencias vividas alí polo autor. unha novela para todas as idades e influída por historias como momo e os goonies, unha chiscadela ás infancias dos anos oitenta.
